Acción de baixa intensidade I




Acción de baixa intensidade I                                                                                                          
Follas de directorios telefónicos                                          

65X210X30                                                                       


Irmos de escaparates, Outonarte 09.
Pazo da Cultura Salvador de Madariaga, A Coruña.
Outubro de 2009

Rúa Durán Loriga. A Coruña.

Estas dúas fotografías foron tomadas na Coruña hai algunhas semanas. Desplazámonos ata alí por mor da nosa participación en Outonarte 09: Irmos de escaparates. Dita mostra colectiva é a segunda edición dunha proposta anual que en palabras da concelleira María Xosé Bravo procura "normalizar socialmente a existencia da arte máis contemporánea, máis anovadora, máis experimental, co obxectivo de que o público se abra á creación máis actual". Nesta ocasión, o comisario Nilo Casares propuxo o amplo contexto da cidade e da arte urbana como fío argumental da exposición.

Acción de baixa intensidade I é o nome da peza que ata o 1 de novembro de 2009 todavía estará exposta no Pazo da Cultura Salvador de Madariaga. Este edificio da céntrica Rúa Durán Loriga -tamén coñecida polos coruñeses como Wall Street pola concentración de sedes bancarias que se da nesa zona- alberga ademáis da sala de exposicións, a sede do Centro Galego de Artes da Imaxe, o Instituto José Cornide de Estudos Coruñeses, o Arquivo Histórico Municipal e a Biblioteca Municipal Infantil-Xuvenil do Concello.

Nesa mesma rúa e tres portais máis adiante tomamos estas fotografías, determinantes á hora de comprendermos a natureza da nosa proposta. Un veciño sae do seu portal e dase conta de que están a repartir as novas guías telefónicas do 2010. Un ano máis chega o outono e chegan as páxinas brancas, amarelas, cudecús e cupóns de desconto para pizzas a domicilio. Pero non recordamos se hai que devolvelas a cambio das novas, gardalas no armariño da entrada ou mandalas a reciclar.

Fortuítamente recoñecemos o ciclo temporal do directorio telefónico para confundirnos con él. Servímonos dese happening masivo que é o reparto de guías, e sen facer moito ruído reconstruímos o arquivo da cidade ao que non tivemos acceso.

Rúa de Sar/Avenida de Lugo. Santiago de Compostela.

Primeira toma de contacto coa Acción I. Poucos días despois de recibir a invitación para participar en Outonarte 09: Irmos de escaparates. O lixo e o luxo: Vinagre de Módena e guías telefónicas (seis euros a unidade).