Segundo a Wikipedia, as guerras de baixa intensidade involucran loitas prolongadas de principios e ideoloxías que se desenvolven a través dunha combinación de medios políticos, económicos, de información e militares. Poderiamos pensar que sempre estamos en guerra, o que sería tan natural como pensar que sempre estamos desenvolvendo accións culturais. O concepto de baixa intensidade utilízase tamén para falar de exercicios corporais que axudan a incrementar a resistencia física e o fondo. Trátase de movementos periódicos e de ritmo lento, que se confunden en ocasións cos movementos cotiás. Conseguen unha efectividade visible só a moi largo prazo e rexeitan o impacto do explosivo. A constancia, a capacidade de adaptación e a camuflaxe no discurso da normalidade, así como a multiplicidade de linguaxes e obxetivos fan da cultura de baixa intensidade unha das modalidades de creación máis violentas.
Baixa intensidade é un proxecto no que se mesturan arte e pensamento na busca dun posicionamento crítico con repecto ás políticas culturais, que arrinca a súa actividade coa lectura Cultura de baixa intensidade no II Simposio Internacional Poéticas de Resistencia (Santiago de Compostela, 2008). Este blogue é a ferramenta de seguemento e discusión deste proxecto.
son licenciados en Historia da Arte pola USC; Máster en Arte, Museoloxía e Crítica Contemporáneas e Posgraduado en Arte e Sociedade: Intervencións no Espazo Público respectivamente. Como colectivo traballan desde a teoría e a crítica de arte ata o comisariado de exposicións e a produción artística multidisciplinar. A súa liña de intereses atópase na intersección entre arte, política e educación, a arte pública e as prácticas colaborativas. Teñen traballado co Centro Galego de Arte Contemporánea, a Universidade de Santiago de Compostela ou o Consello da Cultura Galega. Forman parte do equipo de xestión de Baleiro. Canle de produción.
No hay comentarios:
Publicar un comentario