Acción de baixa intensidade I é o nome da peza que ata o 1 de novembro de 2009 todavía estará exposta no Pazo da Cultura Salvador de Madariaga. Este edificio da céntrica Rúa Durán Loriga -tamén coñecida polos coruñeses como Wall Street pola concentración de sedes bancarias que se da nesa zona- alberga ademáis da sala de exposicións, a sede do Centro Galego de Artes da Imaxe, o Instituto José Cornide de Estudos Coruñeses, o Arquivo Histórico Municipal e a Biblioteca Municipal Infantil-Xuvenil do Concello.

Nesa mesma rúa e tres portais máis adiante tomamos estas fotografías, determinantes á hora de comprendermos a natureza da nosa proposta. Un veciño sae do seu portal e dase conta de que están a repartir as novas guías telefónicas do 2010. Un ano máis chega o outono e chegan as páxinas brancas, amarelas, cudecús e cupóns de desconto para pizzas a domicilio. Pero non recordamos se hai que devolvelas a cambio das novas, gardalas no armariño da entrada ou mandalas a reciclar.Fortuítamente recoñecemos o ciclo temporal do directorio telefónico para confundirnos con él. Servímonos dese happening masivo que é o reparto de guías, e sen facer moito ruído reconstruímos o arquivo da cidade ao que non tivemos acceso.
No hay comentarios:
Publicar un comentario